Preloader

Home

Un soño feito realidade

“Vimos a este mundo por un instante e durante ese tempo deberíamos facer algo, do que se espera de nós como seres humanos”

Baba Shibananda – Babaji

 
ESCOLA MARIA SOLIÑA

Unha escola, unha familia.

Estamos a cambiar destinos a través da educación e do amor

Nun lugar do golfo de Bengala, na India, baixo “un anaco de ceo”, hai unha escola onde arredor de 300 nenas e nenos, a maioría de familias tribais, sen recursos, conviven en perfecta harmonía.

O universo propiciou que un grupo de amigos e amigas, que compartimos ideais de xustiza social e solidariedade, nos uníramos para entrar en acción. Creamos a ONG SHANGA e levantamos unha escola que co paso do tempo converteuse nun fogar, onde ademais de estudos, proporcionamos alimentos e coidados ao alumnado.

0

ALUMNADO

0

PROFESORADO

0

PRATOS DE COMIDA AO DÍA

0

INTERNOS/AS

Colaboracións

Novidades

Fai unha doazón.

Todas as doazóns van integras á escola. Non dependemos de subvencións ou axudas institucionais.

A doazón utilizaráse onde máis se precise, co obxectivo de cubrir as necesidades educativas dos nenos e nenas de Pubai.


Ningunha doazón é pequena. Ti podes axudar facendo unha doazón puntual ou periódica.
Grazas a túa colaboración estarás contribuíndo a mellorar as condicións educativas dos nenos e nenas sen recursos.

ShangaIndia, 2023         C.I.F: G36500031                      Política de privacidad