Preloader

Se queres podes

Un soño feito realidade

AXÚDANOS

Asóciate

Se che gusta o proxecto e queres formar parte do mesmo colaborando mensualmente cunha achega, podes facelo domiciliando a túa axuda no seguinte número de conta:
ES09 2080 5022 1430 0037 8036 SHANGA GALICIA - Odisha INDIA
CIF 36 500 031   ONGD num. 000163
e enviarnos este formulario (dereita) cos teus datos.

Tamén podes asociarte chamándonos a este número : 658 46 28 23, ou enviándonos un email (logo poñerémonos en contacto contigo).

As achegas particulares desgravan o 80% dos 150 primeiros euros e o 35% do resto (40% a partir do 3° ano). Asociarse non implica unha permanencia, podes darte de baixa cando queiras. Calquera cantidade por pequena que sexa será ben recibida (por exemplo, o custo dun interno/a é de 20€/mes).

 

    Esta web está protegida por reCAPTCHA de Google
    Política de privacidad / Términos del servicio.

    Para empresas

    A empresa, non debería ser exclusivamente de ámbito económico , senón que debería tamén comprometerse no ámbito social. Está constituída por e para persoas, feito que a sitúa como factor clave para xerar grandes avances sociais a través da súa actuación.

    A empresa mediante accións de Responsabilidade Social, contribúe ao desenvolvemento económico sostible da sociedade en xeral, e sobre todo o das comunidades nas que non se dan as condicións mínimas necesarias para mellorar a súa calidade de vida.

    A colaboración da túa empresa con Shangaindia é unha vía para exercer a solidariedade, un propósito de colaboración mutua na que se benefician todas as partes: a empresa, a organización e as persoas desfavorecidas que reciben axuda.

    A participación en proxectos de carácter social, tamén supón beneficios para a empresa como poden ser:
    Non hai que esquecer que para a organización, tamén supón grandes vantaxes, xa que se favorece a continuidade de proxectos e ábrese a posibilidade de amplialos e definir outros novos.

    LISTA DE VODA SOLIDARIA

    Inclúe na túa lista de voda a Shangaindia. Destina a cantidade que queiras para o financiamento do noso proxecto na India. Fai partícipes aos teus amigos/as nesta causa solidaria.

    REDONDEO DE NÓMINA

    Aínda que pareza mentira, eses céntimos de euro que aparecen na túa nómina a final de mes poden significar unha gran axuda para a escolarización dun neno ou dunha nena. Esta pequena achega multiplicada por todo o persoal da túa empresa será o froito que nos axude a seguir adiante co proxecto. Se che parece unha boa idea, fala cos teus compañeiros/as de traballo desta posibilidade e expoñédea á dirección da empresa. A unión fai a forza.

     

    “Todo o que non dás, pérdese.”

    Proverbio Indio

    Outro tipo de axudas

    otras-ayudas

    ShangaIndia, 2023         C.I.F: G36500031                      Política de privacidad