Preloader

Coñécenos

Un soño feito realidade

Sobre nós

Somos “Shanga” que significa amigas e amigos en Oriya (lingua de Odisha). Un grupo solidario do que ti podes formar parte.

Perseguimos a utopía de facer do mundo un lugar mellor, proporcionando acceso á escola básica, alimentando e acollendo a nenos e nenas de familias desfavorecidas, na súa maioría de aldeas tribais do estado de Odisha na India. Procurámoslles un futuro mellor e unha infancia feliz.

Non temos grandes medios, nin unha infraestrutura definida, contamos coas cotas de 278 persoas asociadas e achegas de colaboradores.

O noso principio irrenunciable dende as orixes é, que as achegas se invirtan integramente na escola, sen que se perda o diñeiro das doazóns en gastos burocráticos ou estruturais. Non dependemos de axudas/subvencións estatais, polo que calquera doazón, grande ou pequena, será benvida.

As persoas que colaboran encárganse, sen retribución, de todo tipo de tarefas e xestións, administrativas, loxísticas ou técnicas. Calquera gasto xerado por visitas, viaxes, etc. corre por conta propia.

Mantemos o noso compromiso coa contorna, realizando todas as compras en proximidade para favorecer a economía da zona e as únicas persoas asalariadas a cargo de Shangá, son o persoal local.

Non ofrecemos servizo de voluntariado. A axuda que máis apreciamos é a económica para facer fronte aos gastos escolares. Os que queiran coñecer o proxecto e visitarnos na India serán ben recibidos/as.

O comenzo

Todo comezou por casualidade nunha viaxe á India no ano 1999, coincidindo cun ciclón que arrasou o nordeste do país. Alguén pediulle medicamentos, petición que recibiron entón milleiros de turistas occidentais. No seu afán de axudar, Neneta acabou visitando un grupo de aldeas da comarca de Puri. Nunha delas, os nenos e as nenas amosaronlle como quedara a súa escola, totalmente destruída, tendo que dar clases ao aire libre. Neneta quedou moi impresionada pola desolación e a situación da infancia, é alí onde decide construír unha nova escola co apoio solidario de amigas e amigos e, unha gran incerteza ao respecto. No ano 2004 comeza a construción da escola e no 2005 rexístrase a ONG Shanga en Cangas do Morrazo, na ría de Vigo.

Outro apoio moi importante foi Babaji, un renunciante que vivía nun dos ghats de Varanassi e que foi un piar fundamental no proxecto, ofrecendo apoio e discernimento en momentos difíciles.
Aínda que non está entre nós, o seu espírito segue moi presente na escola e no proxecto.

Umesh é o coordinador e responsable da escola dende o principio, ocupándose de manter e xestionar o seu correcto funcionamento xunto con Neneta.

neneta-babaji-umesh

O equipo

ShangaIndia, 2023         C.I.F: G36500031                      Política de privacidad