A escola María Soliña
O proxecto iniciouse reunindo á poboación de Pubai. A ilusión de poder ter unha escola próxima reflectíase nos seus rostros xa que non había ningunha en varios quilómetros. De inmediato, mostráronnos varios terreos onde se podería construír a escola. Un antigo arrozal de 4.000 m2 considerouse o máis axeitado.
A construción comezou en 2004 e as clases iniciáronse en 2005. Ao longo destes anos, a escola pasou por varias fases de ampliación e adquisición de novos terreos, ata chegar aos 6800 m2 actuais.
A idea, planos e dirección técnica do proxecto foron obra do arquitecto e colaborador Javier, financiándose coas achegas desinteresadas de asociados-as, ademais doutras extraordinarias.
A escola foi chamada «María Soliña» en homenaxe a unha muller lexendaria de Cangas do Morrazo. O que comezou sendo un centro escolar con 10 aulas, converteuse ademáis nun fogar de acollida para estudantes de tribos e poboacións afastadas, a medida que o goberno construía escolas públicas na zona.
Durante un tempo, nenas e nenos durmían nas aulas ata que se conseguiu financiamento para mellorar as súas condicións de vida. Construíuse unha espazosa sala multiusos, onde máis de 160 nenos poden durmir e a “Casa Flor”, un fogar para 100 nenas.
AULAS
AULAS
10 aulas en total para impartir os 10 cursos de educación xeral básica.
PROFESORADO
PROFESORADO
18 persoas forman o equipo docente entre a high school.(cursos 8o-9o-10o) e a básica (de 1o a 7o curso).
ALUMNADO
ALUMNADO
282 alumnos/as estudando (105 son nenas).
ESPAZOS
ESPAZOS
Salón multiusos e dormitorio de 160 nenos, Casa Flor onde dormen 100 nenas, taller de costura, 2 salas de profesorado, amplos corredores ....
¿Onde?


Porque é un de tantos países que por múltiples motivos, un deles nós mesmos «EUROPA», co noso pasado colonialista, non acadou o desenvolvemento e necesita da nosa axuda para conseguílo.
Pensamos que a base primordial para que algún día acaden ese desenvolvemento é a EDUCACIÓN. O analfabetismo é a principal forma de opresión, polo que queremos centrar os nosos esforzos nesa área.
Neste proxecto eliximos á aldea de Pubai nunha zona rural a 6 km. do “Templo do sol” de Konark e a 40 Km da cidade de Puri, por ser a mais próxima a outras aldeas da contorna, todas sen escolas. Na actualidade a maioría de estudantes proceden das Tribos Mayurbhanj situadas a 374 Km da escola.
Proxectos








A medida que pasa o tempo as instalacións vanse deteriorando, polo que o traballo é practicamente contínuo. Actualmente ademais destes traballos de mantemento, estamos a centrarnos en reparar o muro exterior da escola, xa que o efecto das choivas e obras da estrada produciuse unha inclinación cara adiante, polo que haberá que cimentálo de novo. A mais longo prazo estaría …..
