Preloader

Financiamento

Un soño feito realidade

Financiamento

Shanga ten un compromiso explícito na xestión das cotas e doazóns que son investidas na súa totalidade na escola. Non se destina nin un só euro a viaxes ou dietas. Quen queira colaborar asumirá os custos do seu peto.

Con eses ingresos, a asociación asume os gastos dos escolares que dormen na escola e dos que só estudan, ademais do salario do profesorado e persoal non docente (28 en total) que ascende a 2600€ mensuais..

Todas as contas son transparentes, publicándose anualmente un informe económico no que se especifican gastos e ingresos.

O piar fundamental para o financiamento son as persoas e entidades colaboradoras, que coa súa constante achega, contribúen a manter o proxecto, sendo as máis salientables:
Antonio Valiente, coa súa organización "Un prato de comida", Cristina Fontán e Hausmann Galenica, indispensables para cubrir a totalidade de gastos.

GASTOS MENSUAIS PARA 300 ESTUDANTES
Comidas (7 pratos=1€): 2.300€
Nóminas de persoal: 2.600€
Material escolar, electricidade e outros: 600€
Vestiario por estudante o ano: 6€

Ingresos mensuais:
Por achegas mensuais: 4.200€

Outros Ingresos:
O resto dos ingresos proceden de achegas extraordinarias e actividades diversas; venda de artesanía, lotaría, etc…

AXÚDANOS

Únete

Necesitamoste!
A consecuencia da crise, o número de persoas asociadas foi descendendo, pasando de 320 no ano 2019 a 280 en 2023.
En Shanga non apadriñamos, cos nosos recursos tentamos escolarizar ao maior número de estudantes posible. Con 20 Eu. páganse os gastos mensuais dun alumno ou alumna e calquera outra cantidade suma.

Coa túa axuda, poderemos manter o noso proxecto sen ter que reducir o número de nenos e nenas que se benefician.

Asociate!
Envíanos o formulario da dereita cos teus datos e entra a formar parte desta pequena ONG que aposta por unha sociedade máis xusta.

Grazas aos amigos e ás amigas que xa estades a colaborar, foi posible chegar ata aquí. Agora son momentos difíciles. Facédesnos falta!. Se queres actualizar/modificar a túa cota mensual simplemente envíanos este formulario.

A desgravación para o IRPF, é do 80% para os 150 primeiros euros. e do 35 ao 40% para o resto. Por exemplo, se dás 15 €. ao mes, son 180 anuais dos que facenda che devolverá 130 €.

    Esta web está protegida por reCAPTCHA de Google
    Política de privacidad / Términos del servicio.

    ShangaIndia, 2023         C.I.F: G36500031                      Política de privacidad