"Vimos a este mundo por uns poucos intres, e durante ese tempo deberíamos facer algo do que se espera de nós como seres humans" Baba Shibananda
Sadhu Indú

Empresas

A empresa, non só debería ser de ámbito económico exclusivamente, senón que tería que ter tamén un compromiso de ámbito social. Está constituída por e para persoas, feito que lle sitúa como factor crave para xerar grandes melloras sociais a través da súa actuación.

A empresa mediante accións de Responsabilidade Social, contribúe ao desenvolvemento económico sostible da sociedade en xeral, e sobre todo con aquelas comunidades nas cales non dar as condicións mínimas necesarias para mellorar a súa calidade de vida.

A colaboración da túa empresa con Shanga India é unha vía para exercer a Responsabilidade Social, un propósito de colaboración mutua no que ven beneficiadas todas as partes: a empresa, a organización e os beneficiarios.

A participación en proxectos de Responsabilidade Social, tamén supón beneficios para a empresa como poden ser:

  • Aumento da fidelidade da marca, motivación interna e o compromiso dos empregados. Reforzo da comunicación e a credibilidade. Fomento da cultura de conciencia social.
  • Elemento diferencial respecto da competencia. Mellora da imaxe pública e recoñecemento da empresa.
  • Reducións Fiscais (35% para empresas)
  • Aumento da fidelidade dos clientes.

Tampouco hai que esquecer que para a Organización, tamén supón grandes vantaxes, xa que se favorece a continuidade de proxectos e ábrese a posibilidade de amplialos e definir outros novos.

Se quere facer partícipe á súa empresa nos nosos proxectos, póñase en contacto con nós a través do seguinte formulario de contacto.


ShangaIndia, 2010      C.I.F: G36500031

diseñado por bimbio