"Vimos a este mundo por uns poucos intres, e durante ese tempo deberíamos facer algo do que se espera de nós como seres humans" Baba Shibananda
Sadhu Indú

Outro tipo de axudas

Ofrecémosche diversas formas de colaboración para que poidas seleccionar a que mellor se axuste ás necesidades da túa empresa. Ademais podes elixir o proxecto ao que queres destinar a túa achega.

Lista de voda solidaria

Inclúe na túa lista de voda a ShangaIndia. Destina a cantidade/é que queiras para o financiamento do noso proxecto na India. Feixe partícipes aos teus amigos nunha causa solidaria.

Redondeo de nómina

Aínda que pareza mentira, eses céntimos de euro que aparecen na túa nómina a final de mes poden significar unha gran axuda para a escolarización dun neno. Esta pequena achega multiplicada por todos os traballadores da túa empresa será o froito que nos axude a seguir adiante co proxecto. Se che parece unha boa idea, fala aos teus compañeiros de traballo desta posibilidade e expóndea á dirección da empresa. A unión fai a forza.

Colabora coa túa web

Se tes unha web e queres participar difundindo o noso traballo, só tes que encher o seguinte formulario. En poucos días recibirás os banners de Shanga India co que os visitantes da túa web poderán acceder á nosa cun só clic.

Colabora co teu tempo

on temos un perfil fixo de colaborador, pero dependendo das circunstancias perfiles como programador, tradutor, mercadotecnia, publicidade, deseñador principalmente serán ben recibidos (non descartamos outros perfís).

Se consideras que a túa achega desinteresada pode axudar a Shanga a mellorar, será ben recibida.


ShangaIndia, 2010      C.I.F: G36500031

diseñado por bimbio