Entrevistas

Fotografía de Neneta Herrero

Neneta Herrero naceu en Vigo e vive no Hío, en Cangas, desde hai trinta anos. É caixeira na oficina central de Caixanova no municipio. Nai de dous fillos, aboa de tres cativos . Leva viaxando a este pasís asiático desde hai 25 anos.

¿Por que unha escola e por que na India?
Levo máis de vintecinco anos indo á India, de turista. Sempre pensei de que forma podía axudar, pero realmente nos sabía cómo. Despois do ciclón , ao ver a escola rota, que daban as clases o aire libre, pareceume que debía e podía facer algo. Contactei cuns amigos e todos se amosaron moi solidarios. Pensamos que sería deses nenos se non tiveras esta oportunidade. Ao menos, conseguimos que douscentos rapaces teñan unha oportunidade para cambiar a súa vida. Considero que cada quen ten que aportar o seu gran de area neste caos mundial.

¿Como decidiu poñerlle o nome de María Soliña?
Influiron varias cousas: que era muller, que era de Cangas, e que é un símbolo inconformista. Alí, na India, digo que era unha filosoa. Non entenderían o da Inquisición.

¿Que sensación lle produce facer esto?
Unha gran satisfacción. Cambioume a vida. Antes andaba un pouco perdida e agora teño un obxectivo. Estou facendo algo do que se espera de min como ser humano. Non é ningunha carga. Dedícolle moito tempo, aquí e alá, pero no é traballo. É unha actividade agradable e satisfactoria.

¿Como e ve a xente da aldea?
Téñenme que ver como un bicho raro. Para os indios, os extranxeiros somos dólares con patas. Para evitar que me tome pola típica persoa rica, déixolles claro que a escola a financia un grupo de amigos. Intento que os nenos me vexan como unha amiga. Non lles permito que se me tiren ós pés, como acostumbran a facer en sinal de respecto. Doulles bicos, xogo con eles. Cando os levei ao zoológico, ao mirar asos gansos, dixeron: " Hola amigo, como estas". E unha das poucas frases que saben en español, pero non sei se asociaron os gansos, para eles bichos extraños, con xente coma min.

¿Ata cando vai seguir ao frente da escola?
Preocúpame quen levará esto cando eu non estea. Pregúntoume que amigo tomará o relevo. Cando os alumnos creza, intentaremos preparalos para que asuman a autoxestión da escola, pero ese é un plan de longo prazo.


ShangaIndia, 2010      C.I.F: G36500031

diseñado por bimbio