Feito ata agora

Polo momento este proxecto comezou en Octubro de 2004. A iniciativa foi dunha canguesa chamada Neneta Herrero. Construir unha primeira escola nun pobo chamado Juanga, escolarizando a 135 nenos inicialmente. O diñeiro para este primeiro edificio conseguiuse grazas á colaboración de moita xente, donativos en metálico, obras de arte para poxar, etc.

A escola chámase "María Soliña" e na actualidade está constituída por dous edificios. Nun deles ten dous niveis, no fondo, hai 4 habitacións, unha cociña e un gran corredor. Na planta alta 4 aulas e un corredor. No outro edificio, son dúas aulas, unha sala de profesores e un gran porche para diversas actividades (xogos, encontros culturais, reunións ,....). Tamén ten dez baños cas súas ducha. Os nenos cursan ata o 9ªcuso (e o 10º(último) para Xuñio deste ano) dos dez que compoñen a educación básica.

Actualmente a escola ten en total 360 alumnos dos cales 162 durmen na mesma.


ShangaIndia, 2010      C.I.F: G36500031

diseñado por bimbio