A curto prazo quérese construír unha sala de profesores e un gran salón común para actividades varias (xogos, salón de actos, reunións,....).Finalizar as infraestruturas para a subministración da corrente eléctrica e integrar un sistema de depuración e filtrado de augas (recordarvos que a auga nesta zona está contaminada por *pestizidas dos campos de ao redor).
A medio prazo a construción dun novo edificio para alvergar dúas aulas máis e así completar o ciclo de educación básica que consta de 10 cursos. Para os nenos que non queiran continuar os seus estudos poderán asistir a un taller de oficios onde aprenderán unha profesión artesanal.
A máis longo prazo se quere construír unha casa de acollida detrás da escola para que os nenos poidan durmir, recordádevos que as aulas actualmente fan esa misión.
A continuación mostrámosvos unhas vistas e recreacións en 3D creadas polo arquitecto Javier Currás colaborador de Shanga, onde podemos facernos unha idea de como quedará a escola logo da ampliación da escola.
ShangaIndia, 2010 C.I.F: G36500031
diseñado por bimbio